
O
Barça deixou escapar en
Riazor unha victoria que tiña no seu peto tras remontar un marcador adverso de 1-0, tanto marcado por
Juan Carlos Valerón no minuto 8 de partido. O
Barça foi superior ó Deportivo durante todo o partido, recordando en moitas ocasións a aquel Barça campión de Liga. O xogo foi brillante, sobre todo polas súas dúas grandes estrelas:
Ronaldinho y
Samuel Eto´o... A celebración de Eto´o foi a esperada... Prometéralle ó
Neng de Castelfa, unha celebración especial, bailando coma o personaxe de
Buenafuente, co seu típico aleteo de mans.
Despois do gol de
Eto´o,
Ronaldinho remata unha grande xogada persoal, desbordando a
Manuel Pablo cunha cola de vaca, e batendo de disparo cruzado a
Molina... O
Barça ía ó descanso cunha vantaxe dun gol.
Nada máis comeza-la segunda parte,
Ronaldinho volveu inqueda-la meta de
Molina, cun forte disparo que marcha desviado. Logo, o Barça, en teoría, mata o partido. O árbitro pita un penalti máis que riguroso a
Molina por
falta a Deco...
Ronaldinho remata a faena cun potente disparo no que nada pode facer o gardameta branquiazul...
O Barça tiña a victoria no peto, e puido conseguir máis goles... Un
pase sen mirar de Ronaldinho a Eto´o remata sendo repelido polo pao dereito da portería deportivista, e minutos máis tarde,
Deco remata unha volea que a piques está de entrar por toda a escadra. Pero
os galegos espertaron...
Munitis cunha excelente xogada persoal, acomodando o balón cara a súa perna esquerda, bate a
Valdés, un gol, creo, dos millores da súa carreira, a pesar de que el quedou só celebrando o tanto. O
Depor continúa asediando a meta blaugrana, cando no minuto 40 da segunda metade,
Rubén Castro, tras un disparo de
Taborda que bate no poste esquerdo de
Valdés, culmina a remontada, logrando o punto para a
Deportivo.
Para os galegos, ledicia; para os cataláns, vergonza por non matar un partido que tiñan gañado...